A nova edición “Práctica de Lingua Galega III” destinada a todas aquelas persoas que desexen ampliar, consolidar e sistematizar o seu coñecemento explícito do galego e resolver dúbidas de tipo teórico-práctico a nivel oral e escrito.
Este manual está dispoñible en formato dixital de balde para colexios e institutos da provincia de Pontevedra e para os centros galegos de calquera parte do mundo.
O proxecto conta coa financiación da Deputación de Pontevedra.