Cursos PERMEX ADEC 2026
Formación online para as distintas modalidades PERMEX: marisqueo a pé, marisqueo con vara, recursos específicos desde embarcación e recursos específicos a pé.
Información importante sobre os catálogos
Existen catro modalidades PERMEX. A modalidade de marisqueo a pé foi actualizada en 2026 e ten unha puntuación específica por bloques. Para marisqueo con vara, recursos específicos desde embarcación e recursos específicos a pé, ADEC ofrece os cursos baremables indicados nos seus correspondentes catálogos.
Escolle a túa modalidade PERMEX
Consulta a información segundo a modalidade que che interese. Marisqueo a pé ten unha sección propia polo cambio de baremo de 2026.
Marisqueo a pé
Cursos organizados por bloques, con puntuación máxima útil por bloque e ata 5,5 puntos útiles por formación.
Marisqueo con vara
Cursos ADEC baremables segundo o catálogo desta modalidade.
Recursos específicos desde embarcación
Cursos ADEC baremables segundo o catálogo desta modalidade.
Recursos específicos a pé
Cursos ADEC baremables segundo o catálogo desta modalidade.
Marisqueo a pé · Baremo actualizado 2026
O baremo de marisqueo a pé ten un máximo de 10 puntos. Dentro do apartado de formación, titulación académica e habilidades profesionais poden acadarse ata 6,5 puntos, dos cales ata 5,5 puntos poden corresponder a cursos recoñecidos.
Como se conseguen os 10 puntos máximos?
| Apartado | Puntuación máxima |
|---|---|
| Demandante de emprego ou mellora de emprego | 0,5 puntos |
| Formación, titulación académica e habilidades profesionais | 6,5 puntos |
| Empadroamento | 3 puntos |
| Total máximo | 10 puntos |
Cursos ADEC para marisqueo a pé por bloques
A puntuación individual dos cursos calcúlase a razón de 0,02 puntos por hora, respectando o máximo útil de cada bloque.
Bloque 1 · Máximo útil: 3,25 puntos
Xestión sustentable, ecosistemas mariños, economía azul, marisqueo, acuicultura, organización do sector, asociacionismo e lexislación.
| Curso | Código | Horas | Puntos curso | Puntos efectivos | Prezo |
|---|---|---|---|---|---|
| As mulleres e o desenvolvemento sostible nas zonas de marisqueo | AMDS | 50 | 1 | 1 | 80 € |
| Economía azul aplicada ao sector marisqueiro | EAASM | 50 | 1 | 1 | 80 € |
| Xestión sustentable dos recursos mariños no marisqueo | XSRMM | 62,5 | 1,25 | 1,25 | 100 € |
| Total / criterio práctico | 162,5 | 3,25 |
Bloque 2 · Máximo útil: 0,75 puntos
Cooperativismo, emprendemento, xestión empresarial e turismo mariñeiro.
| Curso | Código | Horas | Puntos curso | Puntos efectivos | Prezo |
|---|---|---|---|---|---|
| Elabora o teu plan de empresa cooperativa | EPEC | 40 | 0,8 | 0,75 | 65 € |
Bloque 3 · Máximo útil: 0,75 puntos
Comercialización, manipulación de produtos pesqueiros, seguridade alimentaria e prevención de riscos.
| Curso | Código | Horas | Puntos curso | Puntos efectivos | Prezo |
|---|---|---|---|---|---|
| Prevención de riscos laborais sector marisqueo a pé | PRLM | 50 | 1 | 0,75 | 80 € |
| Operador-manipulador de produtos pesqueiros frescos | PPF | 50 | 1 | 0,75 | 80 € |
Bloque 4 · Máximo útil: 0,50 puntos
Liderado, habilidades sociais, negociación, resolución de conflitos e responsabilidade social.
| Curso | Código | Horas | Puntos curso | Puntos efectivos | Prezo |
|---|---|---|---|---|---|
| Habilidades sociais para o marisqueo | HSMP | 40 | 0,8 | 0,50 | 65 € |
| Resolución de conflitos | RDC | 30 | 0,60 | 0,50 | 50 € |
Bloque 5 · Máximo útil: 0,25 puntos
Informática.
| Curso | Código | Horas | Puntos curso | Puntos efectivos | Prezo |
|---|---|---|---|---|---|
| Competencias dixitais básicas aplicadas ao marisqueo | CDAM | 12,5 | 0,25 | 0,25 | 20 € |
Resumo práctico: en marisqueo a pé pódese acadar ata 5,5 puntos útiles por formación: bloque 1 3,25 + bloque 2 0,75 + bloque 3 0,75 + bloque 4 0,50 + bloque 5 0,25.
No bloque 3 recoméndase escoller PRLM ou PPF segundo o interese da persoa, porque o máximo útil do bloque é 0,75 puntos. No bloque 4 ocorre o mesmo con HSMP ou RDC: o máximo útil é 0,50 puntos.
Cursos baremables noutras modalidades PERMEX
Esta relación aplícase ás modalidades de marisqueo con vara, recursos específicos desde embarcación e recursos específicos a pé, segundo os correspondentes catálogos. O curso PRLM non se inclúe nesta relación xeral porque é específico de marisqueo a pé.
Atención: para estas tres modalidades non hai que facer todos os cursos, so aqueles para conseguir a máxima puntuación.
| Curso | Código | Horas | Puntos | Prezo |
|---|---|---|---|---|
| As mulleres e o desenvolvemento sostible nas zonas de marisqueo | AMDS | 50 | 1 | 80 € |
| Economía azul aplicada ao sector marisqueiro | EAASM | 50 | 1 | 80 € |
| Xestión sustentable dos recursos mariños no marisqueo | XSRMM | 62,5 | 1,25 | 100 € |
| Elabora o teu plan de empresa cooperativa | EPEC | 40 | 0,8 | 65 € |
| Operador-manipulador de produtos pesqueiros frescos | PPF | 50 | 1 | 80 € |
| Habilidades sociais para o marisqueo | HSMP | 40 | 0,8 | 65 € |
| Resolución de conflitos | RDC | 30 | 0,60 | 50 € |
| Competencias dixitais básicas aplicadas ao marisqueo | CDAM | 12,5 | 0,25 | 20 € |
Metodoloxía e matrícula
Os cursos son online, a través dunha aula virtual, e constan dun temario específico e dunha proba final tipo test. Os cursos teñen unha duración de dous meses. Non se entregará ningún diploma antes dese prazo.
Para formalizar a matrícula necesitamos
- Copia do D.N.I., teléfono e enderezo de correo electrónico.
- Xustificante de pagamento, indicando no concepto: NOME COMPLETO + CÓDIGO DO CURSO.
- Unha vez recibido o pagamento, enviaremos ao correo electrónico as claves de acceso á aula virtual.
- Unha vez superado o curso, contactaremos coa persoa alumna para a entrega do diploma.
Formas de pagamento
Transferencia bancaria:
ES05 0081 7621 9000 0162 6370
Banco Sabadell
Outras opcións:
pagamento en efectivo en Pontevedra, cashback ou Bizum.
Aula virtual:
https://www.idecytu.com/aulavirtual
Queres matricularte ou resolver unha dúbida?
Contacta con ADEC para recibir información sobre cursos, pagamento, acceso á aula virtual ou entrega de diplomas.
Chamar ao 666 648 875Daniel Moldes
Teléfono: 666 648 875
ADEC · Asociación para o Desenvolvemento Educativo e Cultural
Indica sempre o nome completo da persoa alumna e o código do curso no concepto do pagamento.